PROGRAMA EDUCATIVO DE SENSIBILIZACIÓN POLA IGUALDADE DE XENERO YO PUEDO SER...

Dentro do material material didáctico ofrecémosche diversos contidos e actividades (de carácter non obrigatorio para participar no concurso) que che axudarán a traballar o tema co teu alumnado e a enfocar o voso traballo de participación.

Existen dúas categorías de participación:

Categoría A

Categoría

Lehen Hezkuntzako 1., 2. eta 3. mailako gelak.

Categoría B

Categoría

Aulas de 4º, 5º e 6º de Primaria.

O xurado terá en conta a idade dos alumnos nos criterios de avaliación dos traballos.

Obxectivos

Xa descubriron os teus alumnos e alumnas o valor do papel da muller ao longo da historia?
Investigaron as profesións das mulleres do seu ambiente?
Descubriron e identificaron estereotipos e desigualdades de xénero?

Agora é momento de dar con grandes referentes femininos para a nosa sociedade! Mulleres que lograron ser o que querían ser grazas ao seu empeño, o seu esforzo e as súas ganas, converténdose en modelos a imitar: políticas, cantantes, actrices, pintoras, futbolistas, científicas, aviadoras, empresarias... Anima aos teus alumnos para elixir as súas propostas!

A todas as aulas inscritas farémosvos chegar o noso póster de MULLERES PARA A HISTORIA (grandes mulleres do pasado), e propoñémosvos complementalo creando o voso: como grupo-clase crearedes o cartel de MULLERES PARA A HISTORIA (grandes mulleres de hoxe), recollendo a vosa proposta de 4 recoñecidas mulleres de hoxe (polo menos unha española), unha por cada un dos ámbitos:

presidentas,
ministras,
raíñas...
actrices, cantantes,
pintoras, escritoras,
xornalistas...
nadadoras, adestradoras,
levantadoras de peso,
futbolistas, xogadoras
de baloncesto, atletas...
astrónomas,
inventoras,
matemáticas,
físicas, astronautas...

Queremos saber quen son e por que as elixistes! Pensade ben as razóns polas que vosas catro propostas son importantes para a nosa sociedade, porque non abonda con que sexan famosas... e poñédevos ao choio! Tedes ata o 29 de abril para subir na túa zona privada unha foto ou unha imaxe escaneada do voso cartel.

A técnica ou técnicas que utilicedes para crear o voso cartel é totalmente libre:< br>debuxo, fotografía, colaxe...

Traballo de participación

Xa tedes listo o voso cartel de MULLERES PARA A HISTORIA?

Se aínda non vos empezastes, lembrade que tedes ata o 29 de abril para subir á Zona privada dos docentes desta web unha foto ou imaxe escaneada do voso traballo como grupo-clase.

E xa podedes colgar o orixinal na vosa aula!

Agardamos ver a vosa participación, ,
sigamos facendo historia desde a IGUALDADE de xénero!

A participación implica a total aceptación destas bases.
Obxectivos

PROPOSTA + CREATIVIDADE + IDEA + TEXTO + ORIXINALIDADE + IGUALDADE + RESULTADO

O xurado valorará en todos os traballos presentados os seguintes aspectos:

  1. Repercusión, notoriedade e contribución á sociedade
    actual das mulleres elixidas dentro de cada campo.
  2. Argumentación de por que os teus alumnos
    e alumnas propoñen a esas 4 mulleres.
  3. Orixinalidade, creatividade e calidade das técnicas artísticas empregadas na realización do cartel (en relación á idade dos nenos).